tag:blogger.com,1999:blog-29710115016623178282024-02-19T16:25:32.618+01:00O ollo do corvoEspazo privado de uso público de Xosé DuncanXosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.comBlogger71125tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-26025600462048696582020-09-09T16:44:00.002+02:002020-09-09T16:58:22.793+02:00Os últimos días do verán

Xa hai algo de tempo desde a última entrada, así que non vos terei en conta que non haxa ninguén por aquí para ler isto.

O verán pasou dun xeito non tan estraño como contaba. De feito, poucas cousas mudaron, comparándoo con calquera outro verán. Si que é certo que os nosos amigos hosteleiros (non é retranca, como se dixese os meus amigos os taxistas, xa que contamos con verdadeiros amigos no sector hosteleiro) non nos tiveron nos seus garitos tanto como precisan nestes momentos. Mais, se non temos en conta as nosas faltas de asistencia aos bares, o noso verán transcorreu dentro dunha normalidade normal, nin nova nin carallos, normal.

Se houbo algo que definiu este verán foron as saídas fotográficas. A imaxe que vai sobre estas liñas, por exemplo, foi tomada no miradoiro do Pico Muralla, a poucos kilómetros da casa da miña nai e, desde alí, pódese ver a cadea de montañas que rematan por deitarse sobre a ría, Rianxo, a Illa e mesmo Cortegada e Carril. A opinión xeral foi que si, que as vistas son espectaculares, mais seguimos quedándonos coa Curota. Si, a fotografía chegou para quedarse. Non sei se poderei facer a expo que tiña pensado na Casa Museo de María Pita, pero unha mostra das fotos deste último ano aínda se pode ver na Caneca Furada.

As miñas prácticas co baixo continuaron de xeito medido e constante, adicándolle unha hora, máis ou menos, ao día. O obxectivo inicial era saber colocar as mans e darlle ás cordas con algo de delicadeza. Podo dicir que superei as expectativas, collín certa soltura, aprendín a ler e interpretar as 'bass tabs' que hai por Internet adiante (as máis básicas, por suposto) e até me atrevín a compoñer algúns riffs con maior ou menor criterio.

Fun quen de cumprir a miña promesa/ameaza de abandonar as redes sociais e, agora mesmo, só manteño o Instagram para subir aquelas fotos que máis me gustan de todas as que vou sacando. Non descarto abandonala tamén, sobre todo se continúa amosando máis publicidade que contido da xente que sigo.

En canto á escrita, cada vez forma máis parte do meu pasado recente. Rematei unha nova novela durante o confinamento que, se todo vai ben e gusta, se publicará coa editorial coa que estou a colaborar agora, Bululú. Nesa mesma editorial sairá no vindeiro ano a tradución ao castelán de 'O derradeiro decembro infinito'. Tamén con eles estou a exercer de 'cazatalentos e editor' e xa teño dous libros moi moi especiais no forno con dúas persoas fantásticas, Silvia Penide e Xosé Iglesias. Calquera deses dous proxectos son brutais e xa me tarda velos 'físicamente' en formato libro.

Culturalmente estou un pouco máis activo. Outro ano máis traballo coa xente do Curtas de Vilagarcía para coordinar o volume colectivo de relatos e organizar algúns dos eventos da sección literaria. Tamén imos arrancar un circuíto de encontros culturais no Café Universal da Coruña, empregando un formato de entrevista e centrándonos na persoa convidada en lugar de facelo nunha única obra. Neste momento, xa están fechadas as catro primeiras entregas destes encontros que nos terán ocupados este mes de setembro e o de outubro.

Pois xa está. Levou tempo (sentarme a facela, non escribila), pero aquí tedes unha nova anotación na miña bitácora particular. Espero que esteades ben e que aproveitedes até o último día do verán...

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-18140429125809812262020-05-24T10:42:00.002+02:002020-05-24T10:48:52.511+02:00Un destino no horizonte

Foron (e serán) días estraños. Mentres a preocupación xeneralizada da xente é recuperar o mundo tal e como o coñecían, tal e como era cando se sentían seguros, nós dedicámonos a facer vida introspéctiva. Xurara que non escribiría en, así por riba e como mínimo, dous anos e a verdade é que non hai nada como cortar a perda de tempo das redes sociais e o mecenado excesivo da hostalería local para poñerse a escribir. As dúas terceiras partes da historia xa están feitas, vinte e cinco mil palabras do que será a primeira das miñas fillas de papel que non terá fantasía entre as súas páxinas. Ademais, outra novidade, contará con sete ou oito fotografías en branco en negro que ilustrarán as sesións de terapia que comparten as dúas protagonistas. Entre rematar o texto e preparar o traballo gráfico, xa teño entretemento para o que queda de ano.

Outro dos meus amores que adormecían esquecidos no garaxe tamén recibiu as miñas atencións e customicei a Bonnie ao meu gusto. Cando a merquei, hai dous anos, só lle engadira unha insignia no motor, aínda que había un par de detalles dela que non me convencían demasiado. Buscando nos mercados electrónicos atopei un bisel perfecto para o faro en Alemania, unha tapicería de coiro marrón para o asento feita en Canadá e uns vinilos laterais encargados a unha empresa de Sabadell. Si, agora a Bonnie é toda unha Bonneville.

Continuamos coa aprendizaxe da fotografía, por suposto. E estudando todo o posible o revelado dixital do branco e negro. É ben certo que o modo b/n do visor da Fuji axuda moito a aprender a 'ver en branco en negro' e xa tes en mente a imaxe final que queres conseguir cando lle dás ao disparador. Un hobby marabilloso e unha escusa perfecta para animar a saír da casa e gozar do aire libre.

O abandono das redes sociais non só foron unha ganancia de tempo, tamén me permitiu recuperar a perspectiva real das cousas e da vida. Moitas veces, a felicidade (e a realización persoal) agóchase tras un muro ficticio de exceso de importancia e sobreestimación. Tendemos a darlle importancia a aquilo que fai máis ruído ou que aparece con máis frecuencia ante os nosos ollos (nas nosas pantallas). Pero iso non o fai nin máis importante nin máis real, só é máis repetitivo. Nada é máis verdadeiro por repetilo máis veces, nin por berralo máis alto. O verdadeiro, case sempre, é relativo, e sempre debería ser á nosa medida, axustado á nosa capacidade de comprensión e parello ás nosas vidas, ao noso día a día. Só así seremos quen de librarnos de vivir vidas inventadas, vidas de ficción. Vivimos nun tempo cheo de divas e influencers. Non hai tanto tempo ser unha estrela era cousa duns poucos, na súa meirande parte grandes artistas ou con gran talento, e así debe ser. Un mundo no que todos somos rock stars sería/é insoportable.

Tamén este ano volve o Curtas e organizamos de novo o certame de relatos fantásticos. Esta edición con premio económico, aquí a info: Bases Contos 2020 no CURTAS

Sen abandonar o eido literario, continúo colaborando con Bululú e axudándolles a organizar o catálogo online da súa web. Ademais, se a pandemia nolo permite e non fode aínda máis o mercado editorial, o vindeiro ano sacarei con eles a versión en castelán de 'O derradeiro decembro infinito'. Polo de agora non puidemos continuar, por razóns obvias, co noso show 'O home solitario on the road', pero as actuacións que fixemos no Monty da Coruña e no Casino de Lalín foron unha experiencia catártica. Este mes apareceu unha recensión sobre o texto na web literaria O meu andel de Manrique Fernández e, a verdade, é unha enorme satisfacción ver que un texto tan intimista e persoal pode chegar á xente, calar fondo, gustar e entreter, todo á vez.

Pois remata aquí esta nova anotación na miña bitácora persoal. Veremos que nos depara o futuro. A min, polo de pronto, agárdame Pérez en Kattatoomba este martes para pintarme de novo a pel. Supoño que será un sinal máis destes tempos de mudanzas, porque vai ser a primeira tatuaxe que non represente unha das miñas novelas. Dubidei se facerme o 'Helm of Awe', mais xa non teño idade como para poñerme tan guerrilleiro, así que optei polo Vegvísir. Estou no mellor momento para pedir algo de axuda para atopar o meu camiño, para soñar con que pode haber un destino nese horizonte que semella tan baleiro.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-13408577300443738832020-04-27T21:06:00.002+02:002020-04-28T13:45:16.558+02:00Pois a verdade é que xa era hora, si

Era, como dicía unha fermosa canción de hard-rock da miña época moza, unha pedra no zapato. Estaba a converterse nun ruído de fondo constante, como o murmurio das ondas a romper durante toda a noite. Ameacei con fechalas múltiples veces e borrei un cento de 'amizades', boteime atrás e volvín aceptar centos máis. A miña relación coas redes sociais (que non deixa de ser un reflexo da miña relación co resto do mundo) é moi moi complicada, demasiado.

Penso que, durante anos, foi o máximo expoñente da miña inseguridade, a ferramenta na que confiaba para propagar e promover a miña faceta (falsa) de escritor. Estaba total e completamente seguro que, se non mantiña ao día as miñas redes sociais, a xente deixaría de mercar/ler os meus libros. Non sei, talvez os ciclos dos gustos culturais da peña sexan máis amplos que a vida dunha galaxia, mais no meu caso estamos a falar dun encefalograma plano.

Comecei nisto da escrita (de novela, de relato comecei antes) alá por 2013 e vendín nun ano uns 200 exemplares do primeiro volume das Crónicas de Bran. Desde 2013 (quen teña curiosidade pode consultar a miña galipedia A Galipedia do Duncan) publiquei, case sen interrupción, unha novela por ano. Por sorte, ou por desgraza, publiquei en pequenas editoriais, medianas editoriais, grandes editoriais e, mesmo, autopubliquei. Sempre, nunha diabólica liña constante, a miña liquidación ao final de ano foi de 200-250 exemplares. Houbo, por suposto, situacións demoníacas nas que ese número de exemplares era case os que vendiamos en man a miña muller, a miña filla e mais eu durante as feiras ás que íamos durante ese ano. Si, houbo de todo.

De verdade, por moito que esteamos en crise, se un autor, ademais das horas que sacrifica da súa vida e do seu tempo libre/familia/afeccións (si, case ninguén vive de escribir) ten que facer o traballo de promoción e difusión que lle corresponde a unha editorial e a unha canle de distribución... Estou convencido de que iso é a exposición pura e dura da morte dun sector, mais ninguén quere velo.

Porén, isto non quere ser un 'escribo e non me merecedes e, ademais, ninguén fai caso', non. O meu blog merece máis respecto pola miña banda ca un simple ataque de histeria. Aínda así, podo asegurarvos que o que vivimos durante eses case dez anos de experiencia no sector literario galego dá para escribir unha saga distópica e deixar bastantes "títeres" sen cabeza.

Volvendo ao obxectivo inicial deste artigo, o certo é que si, que xa era hora. En dúas semanas darei de baixa eses lugares chamados redes sociais, eses fogares virtuais nos que a xente pensa que pode berrar o que queira e que chega a todos os currunchos do mundo cando, en realidade, pode berrar o que queira, iso si, e chega só aos catro amigos que interactúen coas súas paranoias ou aos que permite a rede social en cuestión. Porque as redes sociais xa hai tempo que se converteron nunha tele de pago. O teu programa só se emite se tes audiencia, moita audiencia. Do contrario tes menos audiencia cá radio do instituto.

Así que até aquí. Como non vou vender máis libros por perder unha media de case dúas horas ao día por xestionar unha empresa (Facebook ou Twitter) que non me paga ao final de mes, só manterei Instagram (polo amor que lle teño ás fotos, aínda que non descarto mudala por outra).

Como vos dixen máis dunha vez. Se queredes saber das miñas paranoias: este blog, os meus libros ou o mail que aparece na barra da esquerda. Grazas e sede felices.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-31899182904653412782020-04-02T19:31:00.000+02:002020-04-03T16:26:41.417+02:00Silencio en tempos de pandemia

Dubidei en pór de título 'Tolemia en tempos de pandemia', mais, entre a rima para parvos e o mal que soaba, optei polo que puxen como definitivo. Non digo que sexa o ideal, nin sequera o mellor, mais non levamos nin tres semanas deste ataque da hacker Gaia e xa estou farto do estrondo de milleiros de voces cibernéticas.

Supoño que é en momentos así, en épocas tan traxicamente históricas como a que estamos a vivir, cando se fai máis evidente da merda que hai nas redes sociais. Non é nada novo, hai anos que están cheas de auto-profesionais de todo, desde reporteiros autodidactas a analistas autoformadas. Eu que pensaba que a prepotencia máis grande e disparatada estaba localizada nos programas do tele-lixo... É unha mágoa, porque se hai algo que é peor que a falta de información é o exceso de desinformación. E niso, sen dúbida, as redes sociais van sobradas.

En calquera caso, non demonicemos Internet nin as novas tecnoloxías, o mal, coma sempre, somos nós, a especie humana. Lembro cando todo isto comezou (nin que pasasen trinta anos) e como había quen pensaba que esta traxedia sacaría o mellor de nós... Como se houbese algo bo que sacar de nós.

Chamádeme tolo, mais non só non confío na especie humana, non penso que a súa existencia pague a pena todo o mal que fai. E, chamádeme dramático, se non imos desta, iremos dalgunha. Talvez non da seguinte, mais si dalgunha.

En lugar de pensar, de calar, de reflexionar e facernos conscientes da nosa fraxilidade, botámonos aos balcóns, tanto a aplaudir como a bater potas, o caso é berrar, berrar e queixarnos. Supoño que é o que mellor se nos dá. A queixa como expoñente do noso egoísmo.

Hai tempo que optei por visitar menos as redes sociais, hai tempo que fun mudando a escrita pola fotografía e podo asegurarvos que, aínda que non sexa máis feliz, vivo máis tranquilo. Volvín ao meu mundo sen televisión e sen chíos nin posts. Non tiña sentido vivir nun mundo sen programas lixo e aturar merda nos muros de xente que, na súa inmensa maioría, nin coñezo persoalmente. Se levamos isto a un absurdo, poderiamos concluír que, se non me cae ben nin a metade da xente que coñezo en persoa, nin sequera sentiría empatía polo quince por cento desas amizades virtuais.

Aínda así, tampouco é que teña moita fe en min mesmo, cando todo isto remate (se remata, e non falo do problema sanitario, senón do que virá despois) volveremos ser os mesmos seres narcisistas e masturbadores do noso propio ego. Só espero que sexamos igual de mediocres ca antes e non peores.

Ánimo, tentade ser felices (e facer felices aos que vos rodean) e deixade de ler parvadas coma esta nestes mundos irreais que alguén inventou para ternos ocupados e adormecidos.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-64331364826958314912020-02-04T11:35:00.001+01:002020-02-04T11:38:14.432+01:00Cumios da cidade

Este comezo de ano estoume a tomar as cousas con máis calma. Non con moita máis calma, pero, para o xeito no que funciona a miña cabeza, si con algo de calma. Niso está a axudarme moito, sen dúbida, a fotografía. Xa o teño comentado máis dunha vez, a escrita é un proceso máxico, místico, mesmo divino no seu acto de creación, mais, cando a creatividade artística está ao alcance de todo o mundo, todo o mundo, sen excepción, se converte en creador, crítico e propietario dos dogmas inquebrantables que dan forma, sentido e fin a calquera historia narrativa. A fotografía vai doutro xeito. Se admites a realidade que supoñen os móbiles e que implica que até unha rapaza de oito anos armada cunha cámara frontal de última xeración sacará selfies con máis 'likes' que calquera das imaxes que compartes nas redes sociais, xa tes a guerra gañada. Quitando ese menosprezo global, é unha actividade máis persoal e íntima. Polo menos no meu caso, non require de tanta aceptación (lectura) nin necesito compartila con ninguén máis. É dicir, volvo á orixe, a facer cousas para min, a ser creador e consumidor do que fago sen importarme os demais.

Durante este mes de xaneiro (comecei a sacar as imaxes a finais de decembro de 2019) preparei unha serie de fotografías que din en chamar 'Cumios da cidade'. Con elas quería lograr varias cousas: amosar desde a perspectiva de 'a pé de rúa' a visión dos fermosos xigantes que conviven con nós todos os días e aos que non prestamos atención, facer un percorrido por edificios modernos e modernistas dos que descoñecía practicamente todo e utilizar as miñas fotos como escusa para saber algo máis da súa historia e, por último e máis importante, comezar a ver vídeos no Youtube de documentais das grandes figuras do branco e negro, aprender as súas técnicas e practicalas no meu programa de revelado.

Percorrín o Parrote, os Cantóns, a Praza de Mina, a de Lugo, a de Galicia, a de Vigo, a de Pontevedra, achegueime ao Dique de abrigo, ao Monte de San Pedro... Saquei fotos, reveleinas e repetinas cando non quedaba satisfeito co encadre, coa composición ou coa luz que había no momento. Visitei varias veces algúns lugares na caza do mellor ceo, da mellor hora do día. Noutras ocasións tiña lugar unha revelación inesperada e o primeiro disparo era o disparo perfecto.

De todas elas escollín vinte e seis para deseñar un album cunha aplicación dunha plataforma online de revelado dixital. Segundo o apartado de 'Seguimento de pedido' xa o enviaron, así que debería chegar esta semana. Formato vertical, nun tamaño de 21x28cms, tapa acolchada e impresión en papel fotográfico mate. O meu primeiro album para consumo propio.

Algunhas delas, ao redor de doce ou trece, formarán parte da exposición que levarei no mes de outubro á Casa Museo de María Pita, na cidade vella. Espero que de aquí a alá non caia na tentación de sacar máis versións, de visitar de novo eses lugares que xa non podo mirar cos mesmos ollos.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-33512078491317940412019-12-27T14:22:00.003+01:002019-12-27T14:22:41.383+01:00Chega unha nova fin para dar paso a un novo comezo

A fotografía tira cada vez máis de min. Talvez sexa porque a sinto máis persoal e íntima cá escrita, que precisa sempre de alguén que a lea para que o acto sexa completo e consumado. Tamén é certo que o control que teño sobre a linguaxe fotográfica é moito maior e que lle adiquei moito máis tempo de estudo e preparación que o que fixen coa escrita. Aínda así, non deixa de ter o seu aquel que, xusto cando mellor estou a escribir, decida ralentizar a miña produción literaria. Si, non deixa de ter o seu aquel que, xusto cando mellor estou a escribir, a crítica sistémica cargue máis (e con máis ferocidade) contra min e a miña obra (proba irrefutábel de que o sistema literario galego non é o meu hábitat natural e que os meus lectores tampouco están nel).

Remata outro ano, pasa ante os meus ollos unha nova oportunidade perdida de mellorar canto hai de mellorábel en min e está a piques de chegar outro anaco de tempo cargado de promesas que ben sei que non cumprirá. En calquera caso, diso vai a vida, non? De ver como as augas do noso río mudan de calmas a axitadas, de axitadas a calmas, e se aproximan, cada vez máis, ao mar onde remataremos por esvaecer.

Chega o tempo de desexarme todo o mellor, de poñer máis distancia (a ver se desta vez vai) coas redes sociais e optimizar o uso dos meus momentos e dos meus esforzos. A bo seguro que o truco non está en canto nos esforzamos, senón en como o facemos.

Deséxovos tamén a vós, visitantes invisíbeis do meu fogar virtual, que esta nova volta arredor do sol sexa plácida e que só a interrumpan os xustos e contados días malos que sempre ten que haber. Que o vindeiro ano continuemos a vernos, lernos e atoparnos.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-304717506256062222019-12-06T01:09:00.000+01:002019-12-06T10:00:35.721+01:00O derradeiro decembro infinito no Monty

Chega un momento no que escribir aquí semella inútil. Si, xa sei que pensaredes que estou a caer na miña depresión constante (e promocional), mais... hoxe, non é así ;-)

Hoxe foi brutal. Xa, si, claro. Haberá xente máis mainstream que o pete e que vaia facer cultura galega polo mundo adiante. Nós somos así, facemos cultura non só no país, senón na Coruña (a localistas non nos gaña ninguén).

Hoxe presentamos 'O derradeiro decembro infinito' no Monty, marabilloso espazo conquistado por familias pseudo-modernas, ás veces tirando a maleducadas (do que non ten culpa o local).

Aquí daría para un diálogo interesante (se algunha xente fose quen de dialogar).... se a culpa é deles por falar nuns decibelios máis poderosos ca dous teclados (e mesa de son) ou se a culpa é de nós de ir facer cultura a un bar... hai debate, eh?

Por onde iamos... ah, si... hoxe foi brutal.

Grazas a vós por vir, ao Ramón do Monty por deixarnos o local, aos traballadores do Monty por tratarnos tan, tan ben, a Iago por ser un mago dos teclados e... sobre todo, por riba de todo, a Carla... Si, ela pode argumentar que "só" fixo a música dunha historia que eu parín, mais eu podo argumentar que eu só son un esquizofrénico-paranoide que tivo a sorte de atopar alguén que soubo ver/percibir o que quería contar.

Debedes saber que hoxe fixemos (creamos) algo espectacular. Se hai dez anos me din que ía ter a sorte de contar cunha parella de músicos deste nivel para facer un libro-disco... Algún día a miña vida rematará, apagareime coma calquera de vós, mais terei a sorte de levarme memorias coma esta ao alén.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-44559067940022403002019-11-26T11:49:00.002+01:002019-11-26T11:49:24.945+01:00Primeira expo fotográfica

Este mes de novembro foi realmente estraño. Malia ser o limiar da saída do libro-cd 'O derradeiro decembro infinito' (do que xa falaremos máis adiante), a verdadeira protagonista foi a fotografía. Cando comecei, en serio, coa práctica fotográfica e a aprendizaxe do revelado dixital de ficheiros RAW, marqueime dúas metas. A primeira era chegar a 'colocar' algún ano unha imaxe miña no calendario que publica o Concello da Coruña e, a outra, xuntar imaxes dabondo, con certa calidade, para poder montar unha exposición. Pois ben, sete meses despois tiven a inmensa sorte de acadar ambas as dúas metas.

O meu anxo de pedra do cemiterio de Santo Amaro será a imaxe do mes de novembro do calendario 2020 do Concello da Coruña e o que tedes enriba deste texto é a escolla das quince fotografías que conformarán a miña primeira exposición, 'Disparando ao ceo'. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: O faro pequeno de Mera, Solpor en Cabo Ortegal, Face de pedra na 'Casa Rey', Igrexa en Mota del Marqués, Montes de Veiga de Valcarce, Lúa chea sobre a ría de Arousa, Street Games na Coruña (1 e 2), Barcos no porto, Praia do Orzán, Noite no campo de Menhires, Faro de Illa Pancha, Elefante da rúa Orzán, Cantís de Loiba e Ceo gris sobre o Parrote.

Isto de imprimir fotografías é toda unha aventura. Por unha banda, debo recoñecelo, recupera o gusto polo clásico. Velas en papel é un subidón, nada que ver coa sobredose de fotos que ateigan as redes sociais e que, dalgún xeito, saturan a nosa fame multimedia e fannos crer que calquera móbil saca boas fotos (anímovos, por favor, a que as imprimades en 30x40cms). Despois, o máis complicado (polo que ten de fraxilidade emocional) é acadar un bo resultado impreso, ou, cando menos, que sea o máis fiel posíbel ao que te esforzaches por crear no software de revelado. Eu non me podo queixar. O traballo en plotter que fixo a xente de Sutega foi moi bo. E os marcos brancos do Ikea axudan a fechar un resultado case perfecto.

Xa lle teño escaparate a estas quince imaxes. De feito, dous escaparates. O máis inmediato será o Café Universal, no que montaremos a expo o luns 2 de decembro e onde farei un pequeno evento inaugural o martes 3, ao redor das oito e media da tarde, para explicar a alma de cada unha das instantáneas a quen se queira achegar. Despois, xa cara a febreiro ou marzo, moverémola até a Caneca Furada, fogar de fotógrafos e de boa cervexa.

A vida segue, fotograma a fotograma, mentres se achegan máis tempos de libros por publicar.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-26497967212653142712019-10-31T16:49:00.001+01:002019-10-31T16:49:23.104+01:00Ás portas do outeiro

Corría o mes de febreiro de 2017 e xa tiñamos o deseño da capa (do mestre José María Picón como viña sendo habitual), o texto revisado, maquetaxe feita e mesmo data para a impresión. Iamos nunha carreira contra o tempo, como tamén viña sendo habitual, para ter o libro preparado para o evento co que festexariamos o meu aniversario e a nova publicación.

En menos dunha semana mudaron moitas cousas. A impresión do libro paralizouse, propuxéronse cambios de última hora e eu entrei nunha treboada de xenreira, decepción e negación. Determinei que a paralización sería eterna (polo menos con esa editorial) e retireilles tamén as outras dúas novelas miñas que estaban a comercializar, sen contrato de edición en vigor, só por unha amizade que nese momento rachei.

Decembro nunca deixou de existir, sempre se resistiu a desaparecer.

Despois de pasar por un club de lectura furtivo e recibir varias revisións, tivo a sorte de caer nas mans de Carla López. Ela, desde a súa sensibilidade de artista, non só non percibiu todo aquilo do que se acusaba ao texto, senón que, ademais, decidiu elevalo ao nivel de peza de arte ao imaxinar toda unha banda sonora ao seu redor. A historia do home solitario tamén viaxou a Madrid, para que soubese dela Elba Fernández e puidese deseñar unha nova capa, unhas novas imaxes para o solitario e mais a súa nai. Iago Mourinho levou ao piano as composicións de Carla e Paul Álvarez creou o ambiente perfecto para eses sons na súa mesa de mestura e produción.

Hoxe chegaron os libros e dentro de pouco irá o master-cd á fábrica da música e copiarano e duplicarano, tantas veces como precisemos para encher os libros que gardamos nas caixas.

Estamos ás portas do outeiro. A primeiros de decembro abrirémolas para dar saída a unha tiraxe limitada de 100 copias. Se houbese almas dabondo, o ano que vén sairán 100 máis.

Talvez non era o destino que soñaba para esta historia, nin esperaba chegar a tan pouca xente, mais o que si é certo é que colleu unha dimensión que non podía imaxinar.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-15488179614541451372019-10-12T09:41:00.000+02:002019-11-26T15:34:36.666+01:00Benvido outono, despois dunha longa primavera e antes dun decembro infinito

Cabo Ortegal visto desde Loiba

Sempre o digo, sempre que se me dá por escribir algo nesta bitácora comezo coa mesma canción, mais é certo. Os tempos entre publicación e publicación neste blog son longos e anárquicos, igual ca vida real. En calquera caso, por máis que gañen a partida os baleiros existentes aos textos que o enchen, sigo a pensar que é necesario, que que sería do Duncan se un día fechan (oxalá) todas as redes sociais e con elas morren todos os testemuños gráficos e escritos da miña existencia público-literaria. Pois por iso, alá imos cun novo status quo.

O recendo a primavera que desprende Mnemea (como adorei a presentación de onte de Pilar García Rego no Zigzag Diario) espallouse desde a súa publicación até onte mesmo, até a miña primeira vez nun plató de televisión. Entre tanto, aconteceron bastantes cousas (mais antes o meu autobombo do momento de gloria televisivo: Zigzag Diario)

Continuei coa miña aprendizaxe (e escusa para saír, ver lugares fermosos e descubrir unha teima descoñecida até o de agora que consiste en subir por rochas e penedos sen medo á morte) da fotografía, cada vez gusto máis dela e do milagre de capturar esa imaxe que entra polos ollos e que só existe nas nosas mentes.

Tiven tamén a inmensa honra de colaborar cun pequeno poema no disco que está a gravar o meu grande amigo José Luis do Pico Orjais (que vou dicir, unha canción fermosa até extasiar) e participar no aniversario do Diagonismos, un evento que ten lugar todos os últimos domingos de mes no Pelirroja Merchi e que mestura poesía, música e grandes artistas nunha actuación de máis de dúas horas.

Montse Dopico fíxome unha entrevista en Praza.gal que foi, sen dúbida, o mellor traballo xornalístico que tratou sobre a miña breve experiencia literaria. Para que quede rexistrado na bitácora, aquí está:

Entrevista en Praza.gal

Entre tanto, estou a coordinar a sección literaria do Festival Internacional de Cine e Banda deseñada de Vilagarcía de Arousa (o Curtas) que este ano, por vez primeira, terá unha serie de actividades, faladoiros e presentacións ao redor da literatura fantástica que se está a facer no noso país. Contarei con convidados como Francisco Castro, Maite Mosconi, Fernando M. Cimadevila, Álex Mene, Xan Eguía, Tomás Rivera ou Vanesa Santiago. Xente e proxectos marabillosos, que tentaremos facer brillar e que cheguen á xente (tanto á que é seareira da literatura fantástica como á que non), malia que o propio festival tente facernos unha competencia de luxo cunha exposición de Harry Potter ou co creador de V de Vendetta...

Despois desta longa primavera, o outono preséntase perfecto para revisar o meu 'Convoi da lúa nova', para darlle a última reescrita antes de enviala o vindeiro ano á editorial e ver se gustan dela e teño a sorte de volver publicar outra filla de papel.

E chegará Decembro, o mes e a obra. 'O derradeiro decembro infinito' está cada vez máis preto. O texto xa está maquetado, a cuberta deseñada, a música gravada e postproducida, o libro a piques de entrar no prelo e as cancións dispostas para tomar forma nos sucos dixitais dos cds. Foi un longo camiño, de moito traballo, de moitos gastos e de moitas esperanzas. Esperemos que os soños de Carla López e mais os meus se cheguen a facer realidade ou, se non o fan, que, polo menos, nos animen a seguir soñando.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-2949582186770317842019-07-11T11:01:00.000+02:002019-07-11T11:01:12.344+02:00Fotos nocturnas

Pois si, cada vez imos adicándolle máis tempo a isto das fotos. A última teima é cazar a Vía Láctea. Si, xa sei que o que hai na imaxe de arriba non é a galaxia, mais foi o mellor que sacamos da nosa incursión ao Campo dos Menhires. Tíñao todo preparado, aplicacións no móbil que nos dicían por onde e cando sairía por riba do horizonte o núcleo da Vía Láctea, trípode pillado de oferta na Fnac, cazadora, gorra e moita paciencia. Até confirmei no mapa de contaminación lumínica que esa localización era das máis baixas (ou a máis baixa) da Coruña.

Como se pode ver, aparecen as estrelas de p*ta casualidade. Quedou un efecto bonito na auga da esquerda por mor do faro de Mera, pero tanto Mera como Santa Cruz rachan a negrura do firmamento (non digamos nada da propia cidade, que estaba á nosa dereita e alumeaba máis que se fose de día). Para que vos fagades unha idea, esa foto saqueina á medianoite, sen flash (a luz que baña os menhires é a das luces da rúa, a máis de 200 metros) e cunha exposición de 30 segundos.

Ben, unha cousa non quita á outra e quedei moi satisfeito desa foto. Iso si, o verán promete "movido" no que se refire a cazarías a horas intempestivas porque a fotografía noctura engancha moito.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-17780667896720019652019-06-06T21:40:00.000+02:002019-11-25T21:21:08.198+01:00Mnemea

Ben, xa pasou o 'subidón' inicial e penso que podo falar de Mnemea con toda a obxectividade da que son capaz. Está claro que, para calquera persoa que escribe, a túa nova novela é algo moi especial, moito. Supoño que terá algo que ver coa teima da superación, de facelo mellor cá vez anterior. Si, debe de ser algo relativo ás inseguridades de cada un e de pensar que sempre hai algo que demostrar.

Xusto esa foi unha das razóns polas que estiven a piques de deixar esta tolaría da escrita hai algún tempo e tiven a sorte de que Galaxia (en concreto, Francisco Castro) me rescatou da miña treboada emocional. Daquela o meu salvavidas foi a última novela que escribira naquel momento, 'As lembranzas perdidas do lago Antëlvari' (se o título vos parece longo de máis, só tedes que comparalo co titulo orixinal que tiña pensado, 'As lembranzas perdidas á beira do lago Antelväri', e entón xa o flipades). Non sei, hai moito mito (ou moita inseguridade) ao redor das grandes editoriais. Eu, desde os meus comezos, só escribín para amigos. Sempre foi así, escribín 'As Crónicas de Bran', 'Hostal Norte' e 'Negruña' por e para a amizade. Iso trouxo moitos desencontros. Por unha banda, eu sentíame coma na casa, mais, pola outra, sempre houbo xente que pensou (e menosprezou) que a razón pola que me publicaban era por ser amigo dos que me publicaban (ese pensamento existía mesmo dentro da propia editora). Un ten unha idade (e moi pouco aguante, ademais dun gusto estraño polas parénteses) e, sinceramente, non gusta de estar onde non o queren.

Curioso, verdade, que os teus complexos te leven a escribir unha boa novela (Antelväri é unha boa novela) e que cha queiran publicar nunha das grandes editoriais do país, sen renunciar ao teu xeito e xénero de escribir. Si, para min foi, cando menos, curioso.

Isto deixa a Mnemea nunha situación complexa. É a miña segunda con Galaxia e, aínda por riba, en 'Literaria'. Deixamos o enfoque 'xuvenil' e metemos a nosa musa no mercado adulto. E non podo estar máis de acordo. É a miña novela con máis dose de realismo e, aínda así, máis onírica e fantástica. Se houbo xente que comparou Antelväri co universo Lovecraft ou con King, eu penso que Mnemea é máis do xeito do mestre Poe.

Ao final, supoño que terei o mesmo número e tipo de lectores (nin máis nin menos cós meus), mais é unha 'gozada' poder seguir escribindo o que che sae de dentro, o que gustarías de ler, sen ceder nin unha soa coma a nada nin a ninguén.

Deixo aquí a entrevista que me fixo hoxe Ana Romaní no Diario Cultural (no minuto 9:20) para que saibades algo máis desta novela dentro dunha novela. Se aínda quedades con ganas, o sábado 22 de xuño será a presentación oficial en Berbiriana, na hora do vermú...

Entrevista no Diario CulturalXosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-53963260895152023742019-05-15T08:23:00.000+02:002019-05-15T08:23:38.080+02:00Status Quo

Pois foron pasando algunhas cousas desde a miña última visita a este o meu blog.

Por unha banda, continuei aprendendo a arte da fotografía e a empregala como escusa para camiñar e gozar de lugares fermosos e do aire libre (que non é que sexa un aire mellor nin máis libre, pero si que é diferente do que respiras todos os días entre as catro paredes que son o teu traballo). Anoteime nun foro de Fujistas (si, os que lle damos á fotografía tamén somos clasistas e marquistas, que carallo) e abrín unha conta (xa perdín a idem de cantas redes sociais teño abertas) en Flickr. Non pensedes que foi capricho tolo dunha noite de birras, non, basicamente é porque respecta moito máis a calidade das imaxes que o 500px. Esta que vedes aquí é a miña galería actual: Galería do Duncan en Flickr.

Por outra banda, a miña vida literaria vai calma, pero segue viva. Deixei a coordinación da revista Contos Estraños, revisei por millonésima vez o texto de O derradeiro decembro infinito (o proxecto do libro-cd con Mielitza continúa adiante e xa está mediada a gravación da música) e este mes verei publicada a miña nova novela, Mnemea, con Galaxia. Se iso fose pouco, este xoves 16 de maio distribuiranse 30.000 exemplares en todos os Gadis dun libro colectivo no que tiven a sorte de participar cun relato.

Si, a vida vai aos poucos, pero vai.

Deixo constancia, tamén, dunha recensión sobre Antelväri que fixo o meu compañeiro de viaxe nisto da escrita, Tomás Rivera, no seu blog Kindlegarten. Por se alguén a quere ler, aquí a tedes: Recensión de As lembranzas perdidas no lago Antelväri en Kindlegarten.

Vémonos na próxima ;-)Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-85560364890700204912019-03-13T17:00:00.001+01:002019-03-13T17:01:42.235+01:00A fotografía vai afianzándose

Isto que vedes arriba é a captura de pantalla da miña conta de 500px (https://500px.com/xoseduncan). Para quen non saiba que é iso, dicirvos que é unha rede social de fotógrafos, tanto afeccionados como profesionais. Xa vedes, por se non chegasen as redes sociais nas que ando metido, vou e abro unha conta noutra máis. Na miña descarga direi que se o Instagran non fose tan inútil coa calidade das fotos que se suben a el, tería quedado con el. Sinceramente, fartei de ver escaralladas fotos e máis fotos, sen importar que fosen de cor ou de branco e negro. Indiscriminadamente todas elas padecían dunha deturpación extrema.

Á marxe do patetismo de Instagram, podo estar contento do xeito en que vai evolucionando a miña técnica fotográfica. Tamén é certo que a mellora é a base de horas e horas de cursos de fotografía vía Youtube, días e días de práctica e, en certa medida, polo cambio de cámara. Estaba moi contento coa miña Canon EOS 100D, pero a Fuji X-T20 é unha gozada e, ademais, fórzame a estar atento a todas as configuracións e anímame a usar o método máis manual posible en cada toma.

Comentaba o outro día cunha amiga que a literatura é un coito no que tes que contentar á outra parte e que a fotografía é máis coma unha masturbación, un pracer máis íntimo e particular, talvez non tan pleno, pero si moito máis tranquilo e satisfactorio.

Non sei por onde me levará este novo camiño. O que si teño claro é que gozamos máis do aire libre e de paseos por lugares onde a cámara obriga a mirar con outros ollos, a buscar novos horizontes.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-89248675913413407972019-02-01T20:58:00.001+01:002019-02-01T20:59:05.991+01:00Libros Vivintes nas Bibliotecas Municipais da Coruña

Pois si, hoxe estou así de "corporativo". Non pensedes que me vou presentar como candidato ás vindeiras eleccións ao Concello, non. O meu artigo de hoxe é só para deixar constancia da fermosura de traballo que realizou Eva Vieites coa xuntanza que tivemos no Ágora (e na que me aturou por algo máis de dúas horas). Falamos de todo (de todo o meu), desde os meus primeiros anos na cidade, pasando polas pegadas permanentes coas que nos marca a adolescencia, até o momento en que se me deu por escribir. Podería aburrirvos de todo canto me preguntou e de todo o que respondín, mais é mellor que leades a fermosura de texto co que transcribiu o noso faladoiro.

Aquí o Duncan facéndose o importante

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-2062302807686878242019-01-18T20:23:00.000+01:002019-11-25T21:23:20.213+01:00Que vivan as fotos!

A miña relación coa fotografía vén de moi atrás (non por ser un excelso fotógrafo, senón por estar rodeado de cámaras). A primeira foi unha Praktica dos 70, propiedade do meu pai e que eu aínda conservo, nun lugar destacado no noso estante branco de Ikea. O meu contacto con ela foi nulo, só vin as fotos das que meu pai presumía no álbum que relataba a súa volta ao mundo cando navegaba coa navieira de Noruega (álbum que nunca saberei se retratou el ou se o conseguiu por outros medios). Despois diso, e tras unha pausa de máis de dez anos, caeron unha Sony, unha Nikon, un Nokia n73 (si, vouno considerar como cámara nesta lembranza) e, agora, unha Canon 100D (ou da familia Rebel, segundo busquedes).

Quero destacar, antes de que saian superdotados de debaixo das pedras, que son un mero afeccionado. Gusto (gozo) de retratar o que me rodea do xeito que eu o vexo. Talvez por esa razón (e moitas outras) mudei o obxectivo de serie da Canon por un Pancake que adoro. Pequeno e que me dá desde un 2.8 até un 20 e pico (que nunca uso). O único malo é que non ten estabilizador de imaxe e iso xúntase ás cervexas e a que non levo trípode (terei que comezar a usar o trípode flexible-portátil que me deu o meu compadre).

Ben, ao que ía. Hoxe foi o meu primeiro día en disparar un RAW (si, xa, é o que hai). E non só iso. Despois de ter instalado o Darktable en Linux, en Mac e, de volta, en Linux, hoxe foi a primeira vez que o usei (axudado por cursos online, por suposto).

Se gustades do software libre, de Linux e das fotos non podedes deixar pasar este fantástico (aínda que, por momentos, un chisco Pajaresco/Estesero) curso de Darktable....

Manual Darktable

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-72496512027418426402019-01-04T08:26:00.004+01:002019-01-04T08:29:34.406+01:00Feminino Plural en Discos Portobello

Teño falado noutras ocasións da pegada musical que certos locais da cidade tiveron na miña adolescencia. Onte fomos a un dos máis míticos, a Discos Portobello. Talvez o recordo máis especial que gardo desa casa da música é o día que fun mercar a entrada para ver a Ramones, pero a imaxe máis querida será a que está neste artigo.

A nosa relación con Silvia Penide e Carla López é especial. Non por ser especial, senón por pasarmos de ser fans desas dúas grandes músicas a converternos en amigos e, mesmo, compañeiros e equipo. Por se iso non fose razón dabondo, onte propuxeron un brinde para darlle a benvida a 2019 e, xa de paso, aproveitar para facer lectura de textos que, habitualmente, escoitamos en forma de canción.

O proxecto que teñen, Feminino Plural, non é só un dúo musical, é unha forza cultural co obxectivo de dar a coñecer arte que está na nosa memoria colectiva, pero que, na maioría dos casos, descoñecemos que foi creada e imaxinada por mulleres.

Onte acompañáronas Laura e Natalia. Non era a primeira vez que as dúas lían (a viva voz e en lingua de signos) os textos de Laura, mais a intensidade que lle imprimen ás súas lecturas fan que nos sintamos como se fose a primeira vez que as vemos e oímos.

Foi unha ledicia ver que Portobello se encheu, sobre todo nesta época en que a cultura é seguida por moita xente, mais apoiada e asistida por moita menos. Supoño que será un signo dos tempos de redes sociais que nos tocou vivir, nos que é moito máis doado darlle un 'like' a un evento que formar parte del.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-45317736243442826682018-11-24T01:51:00.001+01:002019-11-26T15:35:29.104+01:00A vida é unha inmensa bóla de lume

(que pasa por riba de nós)

Non hai moito do meu anterior artigo e volvo recuncar neste blog que non remato de sentir parte de min. Laiábame do duro que é ter que aturar á familia no nadal, do patética que é a humanidade cos seus ventres preñados de bolsas de Inditex paseando polas principais rúas comerciais, do efecto vampírico das grandes superficies e os seus días negros (nunca mellor dito) sobre o pequeno comercio (autónomos que, dun xeito ou outro, remataremos sendo todos e, se non, ao tempo).

Cándido, son un cándido. Sempre. Toda a miña vida o fun e agora, a estas alturas, non ía mudar de vicios (os vicios, coma o do tabaco, pódense conxelar, mais non facer desaparecer). Cándido e inocente, preocupado polas preocupacións que o mundo no que vivo teima en que me preocupe.

Hai seis días que o noso 'pequecho', o noso gato (Poe), caeu pola ventá. Nunca foi o máis atlético, nin o máis áxil, talvez nin o máis estilizado e fermoso dos felinos, mais era/é Poe. Rebentou contra o cemento, partiu a súa pata esquerda por milleiros de lugares descoñecidos para quen non estudase o que se estuda para coñecer os ósos coma quen fala das prazas e rúas da cidade. Rebentou. E nós con el. E cando el rebentou, nós coñecemos algo que nos sacou da nosa mundana (e omnipresente) humanidade, coñecemos o que era loitar por sobrevivir (por que el sobrevivise).

Aínda estamos a loitar. Despois de escoitar os seus pulmóns anegados de sangue e sentir bater o seu corazón descolocado nas nosas mans, despois de ter que lle amputar a pata e velo remexerse co seu membro inexistente en busca dos nosos mimos, igual que hai sete días, como se non pasase nada, como se o agasallo de seguir vivo fose máis que dabondo.

A vida. Moitas veces perdemos de vista o concepto básico, malia que a vivimos (non nos queda outra se non queremos morrer). A vida está para defendela dun xeito que a nosa sociedade acomodada e anestesiada non é quen de comprender. Só chegamos a albiscar un mínimo indicio do que é a vida cando estamos en situacións 'críticas'. O malo é o de sempre. O malo somos nós e a nosa capacidade (desmesurada) de adaptación. Unha vez que deixamos atrás o trauma, reseteamos, reseteámonos e todo volve ao placebo inicial...

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-3854758429905754982018-11-14T12:47:00.001+01:002018-11-14T12:47:14.474+01:00Balance previo á fin doutro ano

Non sei vós, mais eu sempre preciso de ter unha luz ao final do camiño, un punto luminoso que marque unha especie de meta, unha sorte de destino.

Está preto o final do ano, dese momento que nos lembra que o noso tempo é finito e que, aínda que non nos decatemos, non deixa de correr, non paramos de gastalo.

Nestas datas sempre se me dá por facer balance, por lembrar se este ano que gastei pagou a pena. E, en liñas xerais, non estivo nada mal.

Recuperei os dereitos de dúas novelas (Negruña e Hostal Norte) ás que, algún día, darei unha nova vida, editei a miña primeira novela con Galaxia, merquei unha Bonneville, mantívenme sen fumar, adelgacei dez quilos, perdín un pouco máis a cordura, superei a crise de deixar de escribir (polo de agora), retomei a cámara de fotos e comecei coa revisión dunha das novelas que tiña gardadas no caixón.

Coñecín xente nova, algunha dela fascinante, outra encantadora, desa que queres conservar entre as túas amizades. Conseguín afastarme da xente que me resultaba tóxica (iso, ás veces, é case máis importante que a incorporación das novas amizades) e a familia aínda non me mandou á... Así que, tamén, resultado positivo.

Quedan por diante semanas complicadas. Para un ateo coma min, o postureo do nadal xúntase co peso insoportable da páxina que toca pasar e férveme o sangue á mínima oportunidade. Antes caerá o Culturgal, ao que volveremos coa caseta de Contos Estraños un ano máis. Pero quedan por diante semanas complicadas, iso non o compensa nada.

Se non nos vemos até o ano que vén, deséxovos uns días o máis tranquilos posible e que o voso balance sexa tan 'positivo' coma o meu.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-89180878465990583942018-10-21T18:44:00.001+02:002018-10-21T18:48:10.692+02:00Cultura galega de segunda e nacionalismo de etiqueta

Esta fin de semana fomos ao Curtas en Vilagarcía. Non sabedes de que vos falo, non? Xa, nós tampouco sabiamos de que ía o tema até que, hai tres anos, nos convidaron a facer unha presentación de Negruña a Vilagarcía. Non pensedes que foi polo famoso que era/son, non. Foi por mediación das amizades que temos por aló (Andrea, Luis, Juan) e que nos aseguran un oco para contar as nosas paranoias de cando en vez. O asunto foi que este ano era especial porque non acudimos coas nosas novelas. Fomos presentar un volume colectivo de relatos curtos de fantasía en galego. Fantasía épica en galego para adultos e, ademais, ambientada na Galiza.

O que máis nos chamou a atención foi o traballo brutal que a xente da organización estaba a facer desde primeira hora da mañá, a calidade incríbel da exposición de espadas, dragóns, golums, colgantes, tiaras, ilustracións e o trono de ferro que alí había. Todo preparado e fabricado, en moitos casos, para a propia exposición.

O que máis me chama a atención é o mutismo dos medios de comunicación. E non falo dos que tedes en mente, non, que eses aínda algo contaron. Falo de Praza.gal, de Sermos, de Luzes e das redes sociais galeguistas en xeral. Falo de todas esas canles de comunicación ás que esta fin de semana se lles encheu a boca falando do evento cultural do ano e que, para min, non fixo máis que poñer de manifesto a situación de autoconsumo e autopremio que padece o sistema cultural galego.

Espero que a próxima vez que nas redes se critique o enfoque selectivo que fai a CRTVG dos eventos e actos aos que dá cobertura, se reflexione un chisco (só un pouco, non vaia ser) sobre que tipo de difusión fan os medios de comunicación minoritarios que, por definición, deberían defender e difundir a cultura galega minoritaria. Espero que a cultura galega non caia nunha espiral de egocentrismo que lle impida ver máis alá dos seus (repetidos até o fastío) premios culturais e sexa quen de admitir unha oferta variada e plural, unha oferta na que todo o potencial creativo de Galicia teña cabida e non só unhas poucas mentes privilexiadas.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-33064216465958914422018-10-01T14:57:00.002+02:002018-10-01T14:57:39.460+02:00Imaxes soltas

Foi unha fin de semana de imaxes soltas, de visións que conforman un todo, de fotogramas que, coa chegada do luns, cobran movemento e constrúen un filme do que vivimos o sábado e o domingo.

Visitamos a Praza de Azcárraga para botarlle unha ollada á segunda edición do Festival de Fotografía da Coruña (Ffoco) e ver os libros e os traballos que alí se expoñían. Tomamos un vermú con Artemisa e cruzámonos en máis dunha ocasión con Roi. Baixamos até as Galerías San Agustín que estaban de rastro e tomamos un café no Universal. Volvemos á cidade vella e fixemos tempo até as nove para visitar aos amigos do Etnika's, que fechaban este sábado.

O domingo baixamos a Pontevedra, a un xantar de 'traballo' cos compañeiros de Contos Estraños. Terraceamos ao sol, mentres pensabamos as novidades que imos levar ao Culturgal deste ano e pasamos o día en familia, xogando coa pelota de tenis co pequeno Fer e subindo e baixando rúas de pedra na compaña das miñas dúas compañeiras. Dentro de dúas semanas chega o Curtas a Vilagarcía e por alí andaremos para falar de fantasía épica e presentando o libro de relatos do que fomos parte do xurado.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-35538360929891610382018-09-26T15:56:00.004+02:002018-09-26T15:59:50.200+02:00O soño da escrita continúa

Quero anotar neste caderno de bitácora un feito que tivo lugar a semana pasada e que me dá, polo menos, un ano máis de vida no mundo da literatura galega. Un ano máis con novidades, quero dicir. Obviamente, a triloxía das Crónicas de Bran e As lembranzas perdidas no lago Antelväri continúan a súa viaxe por bibliotecas e librarías.

Supoño que sempre se di, e se pensa, o mesmo de cada nova novela rematada e esta ocasión non vai ser diferente. Esta é, polo de agora, a miña mellor obra.

Na miña opinión, contén todos os ingredientes do que poderiamos chamar a 'cociña Duncan'. Unha dose de fantasía por cada dúas de realismo, algún que outro flash-back para fortalecer o pasado e a psique dos personaxes e un par de capítulos oníricos para dar maior profundidade ao ambiente espiritual, que, de calquera maneira, sempre está presente en toda a trama.

Se Antelväri sacou comparacións coa atmosfera Lovecraftiana, penso que esta nova historia ten un chisco dos pesadelos do mestre Poe. É máis lenta, máis íntima e, sobre todo, máis intensa. Alí onde Antelväri se remexía violentamente nas escuras profundidades do lago, esta deléitase coa amargura e a autoculpabilidade do/s protagonista/s (póñoo así porque, malia haber varios protagonistas, cada un deles vai entrando por orden e acaparando case o 100% da atención da lectura).

Como xa sabe a xente que me coñece, unha nova novela implica un novo tattoo e, desta volta, a miña escolla será un deseño de *Shels (banda británica-estadounidense de rock progresivo), feito para o seu albúm Plains of the Purple Buffalo e que creo que representa moi ben dous conceptos: o primeiro, o da sombra e o do reflexo cos que xoga a trama da novela e, o segundo, porque ilustra (case feito á mantenta) á perfección o pesadelo que padece un dos protagonistas.

Pouco máis polo de agora (que xa é bastante), só queda agardar a que o traballo previo á edición se poña en marcha e a soñar con este novo libro que se fará realidade o vindeiro ano.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-40496106238531537482018-09-09T20:51:00.002+02:002018-09-11T09:08:24.405+02:00Ribeira Sacra, turismo adulto

Esta semana decidimos (así, ao tolo) que tiñamos que facer unha escapada. Este verán, por varias causas que non veñen ao caso, non puidemos facer ningunha viaxe e non queriamos rematar a época estival sen dar unha volta por algún lugar onde non fóramos antes. E si, aínda que pareza mentira, ningún dos dous nos deixáramos caer pola Ribeira Sacra.

En menos de media mañá, e a só tres días da fin de semana, conseguín mercar por internet uns billetes no catamarán da Deputación de Lugo (no de Ourense custaban 3€ máis e a ruta duraba media hora menos), reservar unha habitación con terraza en Hermida Rural e planificar (máis ou menos porque, ao final, non fixemos case nada do que levabamos pensado) as actividades da fin de semana.

Saímos o sábado pola mañá cedo e xa estabamos en Doade ás 11:30. Tomamos un café nun sitio que non nos gustou demasiado e tivemos o acerto de escoller a adega Regina Viarum para facer unha visita guiada. Unha visita a unha adega é algo obrigatorio para alguén que guste e queira entender o mundo do viño. Xa me acontecera en Vila Nova de Gaia cando fora a unha adega de viño do Porto. É unha experiencia única coñecer de primeira man o funcionamento da adega, como chega a uva, como a preparan, que criterios empregan para seleccionar unha ou outra e, neste caso concreto, entender que é iso da viticultura heroica.

Despois da visita, a cata. O branco foi bastante sorprendente. Un godello moi fresco e agradable, que se deixou beber coma se fose auga, mais que permitía apreciar o aroma mineral que lle dá a terra da Ribeira Sacra. O tinto que probamos foi o mencía 'normal' que elabora a adega e non estivo nada mal. Sempre me pasa igual cos tintos e vanme gañando aos poucos, a medida que van collendo corpo e temperatura na copa. Despois da cata saímos ao miradoiro da adega, desde o que se vían as terrazas de vides que baixaban polas ladeiras até a beira do río. Rematamos mercando unha botella de Regina Viarum Expresión, que é o mencía 'normal', pero con unha preparación de 9 meses en barrica.

En resumo, por 6€ por cabeza, a visita guiada de case unha hora de duración máis a cata das dúas copas de viño pareceunos algo que pagou moito a pena.

Despois da parada na adega, chegou o momento que menos nos gustou do día. Tiñamos por diante case tres horas antes de facer acto de presenza no embarcadoiro e debiamos buscar un lugar onde xantar. Se algunha vez tedes pensado facer esta viaxe, lembrade que en Doade só hai tres sitios para xantar, que desembarcan buses de turistas cada pouco tempo e que esas condicións son as óptimas para que a comida estea ben, mais que o prezo do menú sexa medio-alto tirando a alto. Tivemos que rematar xantando nunha adega que tiña restaurante (Regina Viarum non o ten) e pagamos 30€ por unha ración de 'empanada' (máis ben dúas tostas pequenas) de millo, un bacallau 'donosti-style' a compartir, un auga e unha Estrella.

O catamarán... Ben, o catamarán está ben, mais non é tan espectacular como podería parecer. Ao igual que me pasou coa adega, algo semellante sentín cando fun polo Danubio e cando suquei Paris. Ti o ves e pensas que ten que molar moito, moitísimo, pero vas alí e... ben, está ben. As explicacións da rapaza que fixo de guía durante o percorrido si que estiveron moi ben e coñecemos as diferenzas entre as dúas beiras (a lucense e a ourensá), un chisco de historia do río e varios detalles da fauna e flora da comarca.

Case chegando de volta ao embarcadoiro comezou a chover e, entre o pouco que nos ofreceu Doade ao mediodía e que a tarde ameazaba treboada, collemos o coche e tiramos para o encoro de Vilasouto, que era a primeira vez que íamos e non nos queriamos perder polo camiño.

Xa víramos na web de Hermida Rural a contorna do encoro, que está ao pé mesmo da casa. A imaxe que vedes arriba está sacada desde a beira do encoro, mais é a mesma vista que tiñamos desde a terraza da habitación (con almorzo incluído, 65€ a noite). Demos un paseo pola beira, rimos un anaco con dous vellos que querían pescar e cos peixes que non se deixaban e retirámonos cedo para o hotel. Despois do día que tivemos, decidimos cear alí mesmo e despois duns escalopines ao cabrales, unha 'tabla do país' (espectacular), tres copas de mencía, un xeado artesán de chocolate, un chupito de licor-K, dous cafés e un gin-tonic, pagamos case o mesmo que no restaurante do mediodía. Gozamos da treboada sobre o encoro e fomos durmir.

O plan do domingo era un pouco diferente do do sábado. Queriamos fuxir da metodoloxía guiri e non caer nas mans do establishment turístico da comarca. Así que a opción era ruta de miradoiros e ir de aldea en aldea entre Doade e Mondoñedo, percorrendo a ribeira do Sil.

O primeiro que descubrimos foi que ir de miradoiros non é ir de paseo precisamente. O normal é que estean a cinco ou dez quilómetros de distancia os uns dos outros (con algunha excepción na que, se tes as pernas de Steve Rogers, podes chegar de un a outro a través dunha ruta de sendeirismo). Con esas premisas, non quedou outra que coller coche e ir seguindo indicacións polo medio de 'estradas' e camiños forestais até o miradoiro en cuestión, baixar-subir-baixar-subir a pé a ladeira da montaña para sacar unhas fotos e gozar da vista e, cando xa estás a piques de morrer afogado pola calor e o sol, coller de novo o coche e repetir esa operación x veces.

Nós fixemos un par de miradoiros pola mañá, até que ás doce e media a calor xa era insoportable, e puxémonos a conducir por Doade, Sober... e caer no Bar de Rosende (non confundir coa Casa Grande de Rosende) onde por 7€ comemos dúas tostas de queixo picante con pepino, dúas tostas de freba con queixo fundido, unha tapa de empanada de bacallau e dúas Estrellas.

Tan contentos rematamos do noso xantar-express que quixemos continuar coa ruta de miradoiros. O que non sabiamos era que os da tarde estaban a moita máis altura cós da mañá e que, ademais, os treitos para facer a pé desde o coche até o miradoiro eran moito máis longos e moito, moito, máis duros. Así que só resistimos dous quilómetros de pendentes monte a través antes de darnos por vencidos e asumir que era unha hora perfecta para subir até Monforte de Lemos, tomar un café con xeo e dar un paseo por esa vila antes de regresar á Coruña.

Nunca unha decisión puido ser peor.

Se son sincero, diría que Monforte é a vila máis horrenda pola que paseei na miña vida (vale, talvez non sexa a máis horrenda, pero si unha delas).

En que baseo esta afirmación?

Imos alá.

Antes de nada teño que admitir que xa estabamos moi cansos da fin de semana. Aparcamos o coche sen demasiado problema e cruzamos a ponte romana para chegar á zona peonil. Alá atopamos máis mercerías en venda e baixos baleiros que sitios para poder tomar un café ou un xeado. Fixemos unha parada técnica nunha cafetaría que estaba xusto no comezo das escaleiras que levan ao casco vello de Monforte, tomamos dous cafés con xeo e descansamos un pouco á sombra antes de retomar o martirio físico. Despois de varios metros de escaleiras e pendentes maquiavélicas, pasamos por diante do muro do cárcere antigo e cruzamos a porta que nos deu entrada ao que, algunha vez, foi o casco vello.

Desde as alturas, constatei dúas cousas. A primeira foi que os plans urbanísticos están sobrevalorados e que en Monforte deberon de tirar a todos os técnicos de urbanismo ao río. A segunda, que é unha visión horrible presenciar como un conxunto histórico se deixa esborrallar e converterse nun feixe de cascallos. Non, non falo do castelo (ao que, por certo, pasamos de achegarnos porque vese que hai unha asociación en pro da defecación ao aire libre e o fedor das costas que subían a el era insoportable). Falo das casas que hai, houbo, dentro da muralla. Non sei se a esa situación se chega por culpa de só un ou de moitos, pero é penoso. Iso si, vese que axudas para restaurar o castelo debe haber porque estaba rodeado de andamios.

Como dicía, quizais Monforte non sexa tan horrendo, só o pillei en roupa de andar por casa e sen afeitar de dúas semanas, mais non me quedaron ganas de visitalo de novo para ver se o pillaba un pouco máis aseado.

Conclusións que sacamos? Que a Ribeira Sacra mola moito, que, coma todo, hai que visitala sen contar demasiado coa maquinaria turística masiva (algún día alguén debería de reflexionar sobre a baixa porcentaxe de acerto que ten a devandita maquinaria na maioría dos destinos turísticos), que o catamarán está ben para facelo unha vez, que os miradoiros son unha pasada e que deberían estar recomendados en todo adestramento de cardio e que volveremos visitar algunha adega e deixarnos caer polas vilas e zonas da Ribeira Sacra que non vimos desta volta.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-26425175774989647222018-08-25T22:39:00.000+02:002018-09-27T17:28:04.443+02:00'Free' Riders en Miño

Quen teña moto (e guste de andar nela) sabe que é máis un sentimento ca un acto de desprazamento nun vehículo de tracción a motor. Poderiamos dicir que case é un xeito de vida (digo case porque, salvo contadas excepcións, é máis un xeito de pasar o tempo de ocio). O importante en realidade é que case todos nós (eu, cos anos, cada vez menos) gustamos de sentirnos parte dun colectivo (o da xente que lle gustan as motos) e, ademais, gustamos de comportarnos coma un grupo discordante e diferente do resto da sociedade. Pois ben, hoxe descubrimos que todo iso ten un prezo.

Levábamos seguindo a convocatoria do 'Free' Riders (máis adiante entenderedes o das aspas) case tanto como a de Wheels and Waves e non sabiamos, até hoxe, o vencelladas que estaban ambas as dúas festas moteiras. O caso foi que decidimos pasar o sábado gozando dese evento que prometía unha chea de cousas para toda a xornada. Xa de entrada, antes de ir a Miño, o prezo pareceume excesivo, mais pensamos que se ía ser cousa de todo o día, por que non facer un exceso por unha vez no ano?

Vou tentar ser o máis obxectivo posible e, para iso, só darei datos.

O recinto abría ás 12:00. A mesma hora que a caseta para mercar as entradas e a mesma á que comezaba a ruta. Decidimos ir á ruta e, á volta, coller as entradas. Estivemos de volta en Miño ás dúas e collemos as entradas. Dúas entradas a 18 € cada unha. Segundo anunciaban no acceso ao recinto, había un posto para gardar o casco e a cazadora de moto. Preguntamos polo servizo en cuestión e custaba 6€ por cabeza. Obviamente cargamos coas cousas todo o día. Mercamos dúas cañas que tivemos que pagar con 'cartos especiais' do evento (igual que fixeron no Wheels and Waves). Aí deixamos 4€ máis polas dúas cañas. Como nos custou 36€ (os dous) entrar, pois xa decidimos comer e pasar todo o día alí. Gastamos 7,5€ máis cada un (15€) en dúas hamburguesas nun dos postos de comida. Desde as dúas do mediodía até as nove e media da tarde que marchamos para a casa, as únicas actividades que tivemos foron a carreira en círculos das motos de trial, unha presentación dunhas exposicións fotográficas e a música de ambiente dos DJ's (actividades de balde durante sete horas). O 'Muro da morte' dos franceses que non facían máis que anunciar a súa actuación cada dúas horas (quedamos até os .... da performance coa que anunciaban a actuación) era un evento de pago, que duraba 15 minutos e que custaba 5€ (que estaría moi ben, non o sei, pero eran 15 minutos e custaba 5€). Os concertos comezaron ás nove, media hora antes de que marchásemos e despois de gastar outros 4€ en outras dúas cañas e outros 12€ nuns nachos e un bocata.

Segundo comentou xente que tamén fora ao Wheels and Waves este ano, case todos os postos e casetas (ademais dos franceses) estiveran alá tamén. Iso deixounos a reflexión que este evento non é tan local e familiar como parece e trae á memoria aquel comezo, tan atrás no tempo, cando as Feiras Medievais eran unha novidade, algo especial e diferente que, cos anos, rematou por converterse nunha especie de franquicia repetitiva e que vista unha, vistas todas.

Non sei, moita moto e coche clásico e customizado, mais nada que non vísemos na concentración de Boiro xa hai anos (circuíto de trial incluído) e sen ter que pagar por nada que non quixésemos mercar. Supoño que para a xente que estea a chegar agora a Miño e que deixe os 18€ para asistir aos catro concertos que haberá esta noite, talvez lle compense. A nós, que queriamos pasar un día de festa moteira, non nos pareceu nin tanta festa nin tan 'free'.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0Miño, A Coruña, España43.3539624 -8.188494900000023343.2616019 -8.3498564000000233 43.4463229 -8.0271334000000234tag:blogger.com,1999:blog-2971011501662317828.post-85425989637954539422018-08-18T21:23:00.001+02:002018-08-18T21:24:03.839+02:00Ruta na Bonnie até Ribadeo

Hoxe foi a primeira ruta decente que fixemos coa Bonnie: 360 kms en total. Saímos ás dez da mañá e, con parada para café en Vilalba, tiramos até A Veiga. Hoxe era máis Vegadeo ca nunca. Non as contei, mais había máis bandeiras españolas que cando aos barrios ben da Coruña se lles deu por apoiar o barco de Piolín (supoño que habería algún tipo de festexo nacionalista...). O único a destacar do camiño de ida é que a estrada nacional está bastante mal, tirando a peor, sobre todo o tramo que rodea Vilalba. Por sorte, o camiño de volta contou con mellor firme. Iso si, a xente, en xeral, conduce de p... pena. Así en xeral, mais merecen ser destacados tres colectivos. O dos papás post-chupito en familymóbil (estes, por razóns obvias, son especialmente perigosos despois da hora do xantar), o das mamás modernas, tamén en familymóbil, e o dos vellos que, a pesar de ir nun coche 'normal', conducen co modo tractor ON.

Saímos de A Veiga despois dunha birra rápida e un cachopo (máis rápido e pequeno se cabe) e fomos até Ribadeo. Bos aparcadoiros de moto, xusto na entrada da rúa peonil, e paseo polo centro. Fotos á Torre dos Moreno...

E paseo polas rúas que baixan ao ascensor (horrible de moderno, por certo) que sube desde o Náutico...

Despois de pasar revista aos postos que había nun mix de feira medieval + artesanía + queixos de asturianos, marchamos pasando por Foz e o Vicedo para chegar a Loiba. Vese que a limitación de visita ás Catedrais fai que se saturen os acantilados e había bastantes coches a primeira hora da tarde.

En calquera caso, as vistas da costa cantábrica nunca decepcionan e son un espectáculo do máis fermoso.

Sempre e cando as familias deixen de facer suicidios colectivos desde 'o mellor banco do mundo'...

Volta rápida con parada técnica en Fene e chegada á casa ás oito da tarde. O certo é que a estrada desde Loiba estaba en boas condicións e deixounos ganas de facer outra ruta para visitar Mañón e Espasande.

Xosé Duncanhttp://www.blogger.com/profile/15966768579915892019noreply@blogger.com0