Fotos nocturnas


Pois si, cada vez imos adicándolle máis tempo a isto das fotos. A última teima é cazar a Vía Láctea. Si, xa sei que o que hai na imaxe de arriba non é a galaxia, mais foi o mellor que sacamos da nosa incursión ao Campo dos Menhires. Tíñao todo preparado, aplicacións no móbil que nos dicían por onde e cando sairía por riba do horizonte o núcleo da Vía Láctea, trípode pillado de oferta na Fnac, cazadora, gorra e moita paciencia. Até confirmei no mapa de contaminación lumínica que esa localización era das máis baixas (ou a máis baixa) da Coruña.

Como se pode ver, aparecen as estrelas de p*ta casualidade. Quedou un efecto bonito na auga da esquerda por mor do faro de Mera, pero tanto Mera como Santa Cruz rachan a negrura do firmamento (non digamos nada da propia cidade, que estaba á nosa dereita e alumeaba máis que se fose de día). Para que vos fagades unha idea, esa foto saqueina á medianoite, sen flash (a luz que baña os menhires é a das luces da rúa, a máis de 200 metros) e cunha exposición de 30 segundos.

Ben, unha cousa non quita á outra e quedei moi satisfeito desa foto. Iso si, o verán promete "movido" no que se refire a cazarías a horas intempestivas porque a fotografía noctura engancha moito.

Comentarios