Jazz e arte en Riazor
Hoxe foi un domingo estraño. Non máis do normal na Coruña, mais despois de preguntar en tres garitos que foi o que pasou co concerto do Xacobe Martínez Antelo, que debía actuar á unha do mediodía do 8 de xullo de 2018 (segundo a web dos organizadores), un quédase coa mensaxe de que esta cidade funciona só para queixarse de que non ten 'guiris' ou que, cando os ten, non os ten dabondo. O caso é que imos toda a family de cabeza para esa zona tan pouco visitada por nós (nós, que vivimos en Santa Gema, terra de ninguén) e vemos que a beiramar está toda chea de traiñeiras. Eu, na miña inocencia, pregúntolle aos camareiros que están xusto enriba de onde, se supoñía, tería lugar o concerto, se saben que é o que pasa... A resposta é que eles que van saber... Que eles non teñen nada que ver co 'Playa Club', neno, aínda que compartan parte do nome e/ou denominación comercial. Pois tamén é certo. Que carallo terán que saber eles...
Así que fomos tomar unha caña e a única preocupación de un dos 'Playa' era que a xente (moita a esas horas) deixasen as mesas baleiras (á unha do mediodía) porque estaban 'reservadas' para xantar ás dúas... Vese que os tempos de consumir unha birra dilátanse coa calor e que agora os garitos fan auto-reservas ficticias para garantir que as mellores mesas (as que teñen vistas á praia) estarán dispoñibles para consumidores que vaian gastar máis do que custa unha cervexa ou un café.

Despois deste paseo forzado por Riazor, e de ir tomar a caña do mediodía á Creedence, volvemos á casa e pola tarde regresamos ao punto cero da xornada. Asistimos a unha pasada de concerto (o derradeiro do ciclo de Jazz do Playa Club, adiviñade cal dos Playas...) Unha auténtica pasada.... Grazas polo momento, musical e artístico. Xa o dixen nalgunha ocasión. Esta cidade, ás veces (poucas), ten cousas que pagan a pena.
Comentarios