Publicacións

Paseo polo tellado da Coruña

Imaxe
Hoxe foi día de paseo. Subimos ao Monte de San Pedro, dando un pequeno rodeo polo Portiño e facendo alí unha parada técnica para sacar algunhas fotos. Calma total tinxida de azuis e salpicada da humidade marrón da marea baixa. Silencio absoluto pola ausencia de xente e coches.
O paseo polo Monte de San Pedro non defraudou. Non aporta nada, mais é relaxante. Non me entendades mal, aporta bastantes atractivos para a xente que o visite por vez primeira. Ten un labirinto onde é imposible perderse, un restaurante que, ademais de ser de luxo, está fechado, uns canóns enormes que non funcionan, un estanque de parrulos sen parrulos, unha expo-cúpula que semella un microondas para xigantes e outeiros e máis outeiros de herba. Como podedes imaxinar, unha vez que gocedes de todos eses atractivos, co que vos quedades é co relaxing-walk-á-beira-do-mar e cos outeiros.
Aínda así, quizais por estarmos saturados da nosa visión a pé de rúa, eu sempre pasmo durante uns minutos coa imaxe da cidade desde…

Feiras do libro 2018

Imaxe
A miña relación coas Feiras do Libro, durante estes cinco anos en que me adiquei a pretender ser escritor, tivo centos de fases, como se se tratase da relación cunha persoa de carne e óso. Comezaron sendo unha meta, un espazo onde só tiñan oco os escritores de verdade, eses seres bohemios, cultos e cheos de glamour que sempre me pareceron doutra galaxia. Na miña candidez inicial (penso que agora xa a superei) soñaba con poder falar das miñas criaturas á beira desa xente que constituía a maquinaria creativa das nosas letras. Facendo memoria, se son sincero, nunca me sentín parte dese colectivo. Nin por calidade (a miña falta de), nin por afinidade (finalmente, despois de múltiples tentativas miñas de trabar amizade con algúns deles, concluín que o noso único parentesco é escribir en galego).
Despois deses comezos tan inocentes, e tras acadar algún oco grazas ao apoio dalgunhas librarías e de Tomás e Fernando, convertéronse nunha especie de reto persoal. Era case unha obriga estar nalg…
Imaxe
Estamos comezando a afeccionarnos aos concertos de balde do Playa Club. Hoxe fomos Cris e mais eu a ver a Melange. Era o primeiro concerto dos 'Atardeceres Playa Club' e o non sabiamos moi ben que nos atopariamos. O ciclo de Jazz deixounos moi bo sabor de boca e, ante a dúbida, buscamos no Youtube o que este grupo madrileño podería ofrecer. De entrada, os vídeos que vimos (entre eles 'La Cosecha') deixaban escoitar algo máis ca interesante.



Porén, o directo foi espectacular.
Non sabemos que nos depararán o resto de convidados aos Solpores do Praia Club (non soa mal o nome comercial, eh? haberá que pillalo antes de que o faga alguén tipo 'Ghadis', 'Estrella Gallicia' ou algún destes), mais comezar, comezaron moi ben.
Imaxe
Hoxe foi un domingo estraño. Non máis do normal na Coruña, mais despois de preguntar en tres garitos que foi o que pasou co concerto do Xacobe Martínez Antelo, que debía actuar á unha do mediodía do 8 de xullo de 2018 (segundo a web dos organizadores), un quédase coa mensaxe de que esta cidade funciona só para queixarse de que non ten 'guiris' ou que, cando os ten, non os ten dabondo. O caso é que imos toda a family de cabeza para esa zona tan pouco visitada por nós (nós, que vivimos en Santa Gema, terra de ninguén) e vemos que a beiramar está toda chea de traiñeiras. Eu, na miña inocencia, pregúntolle aos camareiros que están xusto enriba de onde, se supoñía, tería lugar o concerto, se saben que é o que pasa... A resposta é que eles que van saber... Que eles non teñen nada que ver co 'Playa Club', neno, aínda que compartan parte do nome e/ou denominación comercial. Pois tamén é certo. Que carallo terán que saber eles...

Así que fomos tomar unha caña e a única preocup…

Tabula rasa

Case dous anos desde a última vez que escribín por aquí e o que era frustración por que ninguén lese esta bitácora persoal, e que todo o mundo preferise as redes sociais, rematou por se converter en todo o contrario, no meu fastío e saturación polo uso deses escenarios virtuais nos que todos nos cremos os protagonistas.


Retomo este meu caderno e fágoo como o iniciei, sen o ánimo de que alguén o lea, só como a simple compilación das cousas que estean por vir (se é que o están) neste mundo ingrato e inútil da escrita.


Por ser un reinicio, non vou facer memoria de todo canto aconteceu desde ese outubro de 2016 en que está datada a publicación anterior. Quen queira saber do meu inferno particular, que pregunte por aí. A bo seguro que recibirá mil e unha versións (a cada cal máis irreal e épica) do que foi a miña guerra particular por darlle dignidade á literatura fantástica para adultos nun biosistema que dá as súas derradeiras rabexadas. A agonía, sobre todo se é longa, nunca é boa e se…

Nova recensión de Negruña

Despois de pasar outro verán frenético coa promoción de Negruña e ter a honra de participar nos Paseos Literarios da Coruña e nunhas xornadas sobre literatura fantástica organizadas pola AELG, volvo de novo a este o meu curruncho (como vedes, máis unha vez, case abandonado pola miña banda) para deixar unha nova recensión de Negruña que saíu esta semana na web. Desta volta, no web literario 'Palabra de Gatsby'.

Xa estamos en outubro. Xa case non queda nada deste 2016. Agora estou mergullado na escrita dunha nova novela (con esta serán tres as que teño inéditas e preparadas no meu Dropbox) e no horizonte o Culturgal. Non queda nada para o 2017 e nese novo ano sairá á luz unha desas tres. Aínda coa resaca de Negruña no peito e xa teño ganas de ver a nova publicada... 

Eis a recensión de Negruña:
Recensión de Negruña en Palabra de Gatsby

E 'Negruña' saíu da escuridade

Imaxe
Cada vez distancio máis os momentos nos que me deixo caer por aquí. Supoño que será polo enorme silencio que rodea cada palabra que escribo no blog e que contrasta coa xolda instantánea de cada pequeno post que subo nas redes sociais. Mais non podo evitar facelo cando acontece algo que si quero deixar rexistrado nesta miña bitácora.
Hai menos de dous meses que se publicou Negruña e podo xurar que foron os dous meses máis intensos que levo vividos nisto da escrita. Case as mesmas presentacións que co primeiro volume d’As Crónicas mais moito máis frenéticos en canto a entrevistas, xornais, radio… E como isto pode ser algo que perdure ou non ser máis que bolboreta dun día, quería recoller aquí as ligazóns ás conversas que tiven o pracer de ter cos diferentes medios. Non falta entre elas, xaora, a recensión que fixo Kindlegarten para esta nova obra miña.
E aínda falta a que se publicará en Barbantia...


Recensión de Negruña en KindleGarten
Entrevista en Biosbardia
Entrevista en Palavra Comum
Ent…

E naceu 'Negruña'

Imaxe
Pois si, paso de novo por esta miña bitácora particular para deixar constancia do nacemento dunha nova novela. Desta vez, a pequena Negruña, foi (falo dela en pasado porque rematei de escribila a finais do 2014) a obra coa que pasei máis tempo documentándome e estudando. Desde os derradeiros días de vida de Rasputín e a súa relación coa tsarina até a expedición ao Tíbet financiada pola Sociedade Thule, pasando polos tempos no que o Castelo de Santo Antón funcionaba como lazareto e viaxando á India da Compañía Británica. Talvez pareza imposíbel mais esa trama 'histórica' únese coa vida nunha cidade en decadencia, no século XXIV, despois dun cataclismo natural e cun sistema de control social que fai uso do exterminio dos cidadáns como algo case normal.
Máis unha vez, un gran equipo detrás da forma física desta publicación. A xente de Urco que fixo unha maquetación e unha impresión de luxo, Segismundo Rey que encheu de arte as páxinas coas súas marabillosas ilustracións e José M…

Entrevista en Biosbardia

Co gallo da miña colaboración na web literaria lermos.gal e a publicación de Negruña para este vindeiro mes de Abril, fixéronme unha entrevista en Biosbardia na que me deron a oportunidade de falar do noso proxecto de magacine electrónico e de min mesmo como autor de fantasía en galego.
Ligazón á entrevista

'Hostal Norte', tras as paredes de flor de lis [pistas ocultas e segredos só aptos para quen lese a novela]

Imaxe
Comezamos coa explicación dos símbolos e pistas ocultas na novela falando xa da súa primeira páxina. Hostal Norte é unha historia cíclica e a mellor mostra é que comeza no final. Iso si, nun final 'alterado' por Brais como o é toda a narración. No capítulo 1, titulado 'O Hostal', podemos ler na páxina 9: "Un brusco golpe do cristal da xanela contra a súa fronte espertou a Brais e sacouno do lixeiro sono no que caera durante o tramo final da viaxe." No capítulo 13, titulado 'Morte' (se xuntamos os dous títulos, dá como resultado o primeiro título 'alternativo' da novela: 'Hostal Morte'), podemos ler na páxina 131:
"Brais abríu os ollos e separou a fronte do frío cristal da xanela." Como vemos, toda a narración da fuxida ao hostal acontece nun segundo, no tempo no que Brais tarda en afastar a súa fronte do cristal da xanela do cuarto dos seus pais…
Desde a páxina 18 até a 23, a vella Abuína acompaña a Brais ao seu cuarto desde a rec…

Rematada a escrita de 'Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo'

Alá polo 1998 remataba de escribir unha novela chamada 'O neno que lía os soños'. Non era moita cousa mais quedei tan contento dela que me animei a escribir a súa continuación. Comecei a segunda parte, 'Nash o Tolo', no 2000 e deixeina tirada até o 2010. Aparecían nese texto personaxes que recuperaría máis tarde para As Crónicas de Bran. Obvio polo título da segunda parte, o bo de Nash xa facía os seus cameos por esas páxinas (aínda que era unha deidade sen control e non un mineiro bastardo que aspiraba a algo máis). Tamén un neno que lía os soños chamado O'Jill (mestura dun papel e dun nome das Crónicas) exercía de protagonista nunha historia que, no seu fondo, tiña moito que ver coas aventuras de Bran mais que, dalgún xeito, eran moito máis máxicas e místicas que o que se contaba na triloxía. A finais de Agosto de 2015 activei as alarmas do meu grupo de lectores secreto no Facebook e convoqueinos para formar parte do novo proxecto. O asunto era retomar ese texto…

Culturgal 2015 en imaxes

Imaxe
Stand de Urco deste ano
Atendendo o 'back-stage'
Sesións de sinaturas
Boa xente facendo o mal...
As dúas triloxías de fantasía en galego
Hostal Norte con outros títulos de Alcaian
As Crónicas de Bran no seu andel

O Volume 8 da revista 'Contos Estraños' no que colaboro co relato 'O derradeiro encargo do vendedor de denociñas'
Falando coa xente que se achegaba ao stand
Reunión coas empresas do audivisual para analizar a viabilidade de lle dar 'vida' a Hostal Norte

Feira do Libro de Rianxo

Imaxe
Eis o resumo fotográfico do que deu de si a Feira do Libro de Rianxo deste ano 2015. Máis unha vez, foron uns días marabillosos cheos de actividades culturais e de bos ratos compartidos coa corporación municipal e coa xente que traballa na Biblioteca Municipal.









'O solpor dos deuses' no Taboleiro do libro galego (Xuño 2015)

Os dous anos pasados fora unha marabillosa sorpresa aparecer no Taboleiro do libro galego, elaborado pola web literaria 'Caderno da crítica' de Ramón Nicólas, cos primeiros volumes da triloxía. Onte, tres meses despois de sacalo ás librarías, 'O solpor dos deuses' figura como un dos libros máis vendidos no mes de Xuño no apartado de literatura xuvenil. Grazas a tod@s @s que o facedes posible ;-)

'O solpor dos deuses' no Taboleiro de Xuño 2015