Blues Root na Barbería

Hai veces, poucas mais hainas, que o cotián se revolve, abafa e berra. Berra á cara. Hoxe tiñamos un día complicado. As opcións eran ir ver a Xavier Queipo (non chegábamos a tempo á presentación do seu libro de poemas e só quedaría escoitalo falar da tradución de Alicia) ou ir á Barbería e escoitar un concerto de Blues Root dun fulano, Tiny Legs Tim, do que non coñeciamos nada.  Culturizámonos un pouco no Sputifai antes de saír da casa para saber de que ía o asunto e alá fomos... 

O do concerto deste home foi espectacular. Blues do de sempre, do verdadeiro, nun garito que é dos máis orixinais e con máis personalidade da cidade (non teñades en conta o debuxo de Franco tocando un ukulele...)

tipo este foi doutro planeta. Ti podes deixarte levar pola emoción do seu Blues (un directo moito mellor có disco que lle escoitamos no Spotify), facerlle coros, gárgaras, huummmm hummmmm hummm ou calquera outro método 'karaokiano' que podes pensar que fará efecto e quedará moi ben de fondo mentres el canta. Non. Con este home non fan efecto. Non chega ao nivel de Paolo Nutini, mais case... Así que... non o intentes.

O máis surrealista foi que estaba alí o máis do máis de Negruña: a Marian Ledesma, o Nacho Martín, o Paul Álvarez... Maldición... Non sabía un se atender ao concerto ou á xente de calidade brutal que había alá.... 

Comentarios