Olavi vai á Feira do Libro da Coruña

Deste xeito, cun chisco de retranca, abrín o evento no Facebook para anunciar a presentación de Antelväri na Carpa Infantil da Feira do Libro. Tirei de friquismo, dunha fermosa foto dun lago con aurora boreal e a clásica imaxe dos cativos a fuxir da auga en Tiburón. Non sei se quedou ben editada, mais non puiden evitar sorrir ao rematar a composición. Imaxinarme a min mesmo coma un monstro que asusta rapaces na Carpa Infantil da Feira ten o seu aquel, non digades que non.

Estamos a seis días da presentación e xa comecei a pensar como enfocala. Supoño que prepararei dous speechs diferentes. Un por se a xente que vaia é a de sempre e, por riba, xa levan o libro lido e outro por se hai sorte e teño a oportunidade de falar diante dun público que non sabe de que vai a historia de Antelväri. En calquera caso, o fío principal irá sobre o escenario, o método científico, a realidade que nos rodea e que está fóra dos nosos sentidos e algúns porqués de personaxes e, tamén, da orixe da idea inicial que detonou a novela.

Por se estades no segundo grupo de espectadores, aquí tedes unha acertada recensión que Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog hai un par de días:

Comentarios